Na xunta de goberno local celebrada esta semana aprobáronse os expedientes para contratar seis proxectos de execución de obras en diferentes barrios da cidade, cos seus correspondentes pregos de condicións económico-administrativas, por un importe total de 1.591.533,33 euros:
- Rehabilitación de firmes e mellora de beirarrúas de Covadonga, por importe de 568.154,67 euros (IVE engadido)
- Acondicionamento da rúa Vía Vella – Santa Ana do Pino, por importe de 329.791,55 euros.
- Renovación de pavimento, firme e alcantarillado na rúa Ribeira de Canedo, por importe de 268.450,12 euros
- Acondicionamento do Camiño da Pedreira, Seixalbo, por importe de 126.577,80 euros
- Acondicionamento do tramo inicial do paseo fluvial de Oira, desde a rúa de Alfredo Brañas, camiño da praia e estacionamento público, por importe de 298.579,19 euros
Na mesma sesión, adxudicouse a execución das obras de reforma e ampliación de beirarrúas na rúa da Canle.