Con este acordo, o Concello avanza nunha liña de actuación que pretende estender aos diferentes barrios da cidade. Así, a semana pasada, a xunta local aprobou os expedientes para contratar a redacción doutros dous proxectos de humanización: os das rúas Ánxel Barxa Compositor, Mestre Vide, Eduardo Blanco Amor e Alfonso Rodríguez Castelao, no barrio das Lagoas, por importe de 64.364,35 euros e o da Avenida de Portugal, por 87.807,51 euros.
Tamén se deu conta das ordenacións decrecentes das ofertas que o Concello recibiu para adxudicar contratos públicos, entre eles o de obras de conservación e mantemento da infraestrutura viaria (dous lotes), ou para os servizos en materia de seguridade e saúde vinculados á conservación e mantemento das infraestruturas viarias de titularidade municipal no sector urbano.