Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense presentou no salón de plenos o proxecto de peonalización máis ambicioso para a humanización da cidade. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o arquitecto Juan Carlos Cabanelas, redactor do proxecto, explicaron a súa solución para acadar mellor fluidez do tráfico rodado e mellor fluidez nos movementos dos peóns, e que pasa por soterrar o tráfico na contorna da praza de Concepción Arenal posibilitando “unha senda peonil da estación de tren ao Posío de 2,5 quilómetros”, en palabras do alcalde.

Trátase dun proxecto “que vai transformar Ourense”, segundo Pérez Jácome, quen recoñeceu os atrancos para unha mobilidade fluída desde o centro da cidade cara ao Pavillón dos Remedios ou cara á Ponte Vella: “hai que facer un zig-zag que che quita as ganas”. Con esta proposta, o tráfico dirixiríase a través dunha rotonda soterrada baixo o emprazamento actual da estatua de Concepción Arenal, e que serviría como nó de conexión para as entradas e saídas da cidade.

Esta actuación implicaría realizar diferentes modificacións no mapa de tráfico actual: Sáenz Díez pasaría a ser dunha soa dirección -saída da cidade-, a avenida da Habana sería de subida, Concello sería de circulación restrinxida, e o tráfico de Progreso comezaría logo do antigo edificio xudicial. Porén, a ambición do proxecto vai máis alá do río: contémplase a posibilidade de peonalizar a primeira parte da avenida das Caldas e semi-peonalizar a segunda parte, que se emprazaría xunto ao futuro parque de Canedo.

Ademais dun espazo de case 20.000 m2 de superficie libre de tráfico e de semáforos, a cidade gañaría tamén un aparcadoiro de 200 prazas -distribuídas en dous alturas- fronte ao Pavillón dos Remedios, e que lle daría servizo tanto aos usuarios da infraestrutura deportiva coma aos condutores que entran na cidade e non queiran desprazarse no seu vehículo por ela.

Cara a un desenvolvemento urbano sostible

Para o autor do proxecto, Juan Carlos Cabanelas, é a oportunidade máis importante para humanizar a cidade”, unha proposta que inicia “un camiño cara a un desenvolvemento urbano sostible que concilia distintos ambientes comunitarios”: por unha banda, humaniza e fomenta a circulación peonil, estruturando o eixo que atravesa a cidade -centro histórico, parque de San Lázaro, Ponte Vella, estación de tren...-; pola outra, “revitalizaría a cidade insuflándolle unha nova vida a un tecido urbano esgotado”.

O proxecto en cifras

Gonzalo Pérez Jácome cifrou en 26 millóns de euros o custe deste proxecto, que podería estar rematado en 2025 se todos os prazos avanzan con normalidade. “É unha obra tan importante que non se pode renunciar a ela”, afirma, polo que se empregarían fondos propios do Concello de Ourense, aínda que convida a outras institucións, caso da Xunta de Galicia, a participar desta nova visión da cidade.

Actuaríase sobre 34.304 m2 -19.700 na superficie, 7.554 baixo a mesma, e 7.000 correspondentes ao aparcadoiro.

Os custes económicos, polo miúdo, serían os seguintes: 12,2 millóns de euros para os traballos de soterramento, 3,4 millóns para o aparcadoiro, 2,3 para a urbanización exterior, e algo máis de 18 millóns para a execución material. A suma total sería de 25.960.324,27 euros.

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.