Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense inicia esta semana obras de mellora en diferentes puntos da cidade.

No barrio da Carballeira procederase á reconstrución dun muro de contención e ao posterior aglomerado da rúa do Hórreo, dende o colexio até a rúa da Rula. O tempo estimado de duración desta obra é 4 semanas, sempre que as condicións climatolóxicas permitan desenvolver a actividade con normalidade. O orzamento é 48.000 €.

En Seixalbo, inícianse as obras de adecuación do Camiño do Golfo, cun tempo estimado de execución de 3 semanas. O orzamento é 45.918.12 €.

Na Cruz Alta, ponse en marcha as obras de ensanche de beirarrúas na rúa da Canle, dende Fonte do Monte até Ricardo Courtier, para dotalas dun ancho apropiado ao uso e adaptalas á lexislación vixente. O ensanchamento desta beirarrúa farase a costa da redución do ancho da vía, que conservará o ancho suficiente para a circulación de vehículos. Co obxectivo de humanizar a beirarrúa, amais das adaptacións para a mellora da accesibilidade nos pasos de peóns, procederase á plantación de sete árbores. O orzamento total desta obra é 44.99,40 €.

Por último, procederase ao asfaltado da rúa Rabaza, até o viveiro de Mende. O importe desta obra é 157.002,74€.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.