Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O muro presenta na actualidade parte do seu alzado derruído, supondo un compromiso para a seguridade do camiño. Existe un tramo do mesmo sostido por un muro de formigón, de irregular execución, duns 23 m. de lonxitude e de espesor e altura variables. O devandito muro de formigón carece de asento, presentado un estado estrutural de difícil avaliación xa que está executado sobre o primitivo muro de cachotería existente.

Pode supoñerse que a carencia de sistemas de drenaxe e impermeabilidade do muro ocasionou parte do derrubamento lindeiro no preexistente de cachotería, así como o deslavado da súa superficie de asento. É por iso que se acometerá a demolición do mesmo, debido a que á vista da súa situación pode estimarse a existencia dun perigo de derrubamento en caso de precipitación e empuxes horizontais na súa faciana exterior, motivados pola auga, fronte aos cales carece de capacidade resistente.

Amais da reconstrución do muro, acometerase a reparación da pavimentación do camiño, actualmente en formigón en masa, con tramos moi crebados e deteriorados, optando por unha solución duradeira e integrada mediante o uso de formigón coloreado, tentando a súa máxima integración ambiental á contorna no cal se empraza, a semellanza das tonalidades do lugar.

O orzamento desta obra é de 45.560,66 euros.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.