Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O goberno municipal presentará a aprobación por parte do Pleno unha proposta de modificación dos orzamentos do Concello para 2021, por importe de 62.601.389,04 euros, que ten como finalidade mobilizar recursos procedentes do remanente de tesourería e destinalos a investimentos en infraestruturas e servizos na cidade A xunta de goberno local aprobou nunha xuntanza extraordinaria celebrada o 24 de maio o proxecto de modificación MP_2P/2021, que será presentado ante o Pleno do Concello na súa próxima sesión, a do día 4 de xuño, para a súa aprobación provisional.“Trátase”, explica o alcalde Gonzalo Jácome, “da maior modificación de crédito na historia de Ourense, mobilizando 62 millóns de euros que estaban no banco, para utilizalos en atender necesidades da cidade”.

O expediente inclúe a execución de investimentos como un convenio coa Xunta de Galicia para a ampliación do Hospital Materno Infantil, á que o Concello destinará 4 millóns de euros, proxectos de mobilidade vertical (10 millóns), mellora de parques infantís (4 millóns), contedores soterrados (1,6), renovación dos contedores en superficie (4), renovación da flota de autobuses urbanos (14), entre outras partidas, como a instalación de cámaras no casco antigo, radares para pacificar o tráfico e evitar accidentes, ou un plan de choque para o mantemento global da cidade, por importe de 4 millóns, ou os convenios con entidades sociais que desenvolven o seu labor na cidade, entre os que destaca pola súa contía o de Cáritas, por importe de 250.000 euros

“Ourense é unha cidade que ten carencias, e esas carencias teñen un prezo. Ese diñeiro estaba no banco e o que facemos é sacar o diñeiro do banco e poñelo na cidade”, explica o alcalde, quen subliña que “o Concello non é un banco: o diñeiro dos cidadáns ten que estar na rúa, se non non ten sentido recadar impostos”.

O rexedor confía en acadar o apoio dos demais grupos a esta modificación de crédito e avanza que presentará proximamente outra proposta, por importe duns 10 millóns, para acordar medidas de apoio ao sector do comercio e as pequenas empresas da cidade.

Liquidación orzamentaria

A modificación orzamentaria de 62 millóns de euros lévase a cabo logo de que o Concello de Ourense formalizase o pasado venres a aprobación da liquidación do orzamento do exercicio 2020, tras a emisión dos informes necesarios por parte dos departamentos de Tesourería e de Intervención.

Esta liquidación deixa como resultado un remanente de tesourería de 126.435.668,74 euros. Desta cantidade resérvanse automaticamente 47.664.874,73 euros, provenientes do exercicio anterior e susceptibles de incorporarse ao actual. O resultado é un remanente de tesourería para gastos xerais de 78.770.794,01 euros. Del sairán os recursos para o expediente de modificación orzamentaria que se presentará ao próximo pleno, e a seguinte modificación, de apoio ao pequeno empresariado local.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.