Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello iniciará este mércores, 17 de febreiro, as obras de acondicionamento e reparación do Punto Limpo das Eiroás, na estrada de Vilar de Astrés, co obxectivo de reforzar o control da separación e reciclaxe de residuos, e para facilitarlle á cidadanía o fomento destas prácticas. As obras contarán cun orzamento de 45.358,39 euros.

Durante a duración destas obras -que se estima en dous meses-, todos os residuos serán entregados no punto limpo que o Concello ten en Santa Mariña ou xestionados a través do punto limpo móbil.

Punto móbil. As persoas que desexen desfacerse de pequenos residuos domésticos - aparellos eléctricos e electrónicos, baterías, mobles e residuos voluminosos, papel e cartón, radiografías, pintura, tintas e disolventes, aerosois, lámpadas e tubos fluorescentes, vidro plano, aceite usado de automoción, roupa e calzado, madeiras, metais, aceite usado vexetal- poderán chamar ao Punto Limpo móbil que o Concello de Ourense pon ao alcance da cidadanía.

Teléfono gratuíto (Ecourense) 900 810 081

[Punto limpo móbil Ourense]

 

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.