Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense e a empresa concesionaria do servizo de limpeza na cidade Ecourense poñen en marcha a campaña “En Ourense presumimos dun Nadal Ecolóxico" cun programa de actividades divulgativas e de sensibilización para fomentar boas prácticas na xestión de residuos e que veciños e veciñas depositen o lixo nos contedores axeitados, e colaboren coa reciclaxe, a reutilización e a redución de residuos.

O concelleiro de Limpeza, José Araújo, asistiu ao inicio da campaña, no barrio da Ponte, onde asegurou que “malia que Ourense está á cabeza de Galicia na reciclaxe, é moi importante insistir nos elementos impropios que se recollen nos diferentes contedores”.

Unha comitiva dos Reis Magos Ecolóxicos cos seus paxes percorrerán as principais rúas e barrios da cidade informando e concienciando á poboación para que este Nadal depositen cada residuo no seu contedor, reduzan na medida do posible o empaquetado, reutilicen bolsas e envoltorios dos regalos... En definitiva, animalos a que reciclen e a que lle dean unha nova vida aos residuos que xeran.

Calendario de actividades

Os Reis Magos comezaron o 26 de decembro na Ponte Vella a súa andaina, que continuará ata o día 31, en horario de 10:30 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas, percorrendo as rúas de:

  • Martes 27: Salesianos, Progreso, Ervedelo, Santo Ángel, O Couto.
  • Mércores 28: Alameda, As Burgas, Xardín do Posío.
  • Xoves 29: Rúa do Paseo, Parque de San Lázaro.
  • Venres 30: Sto. Domingo, Pza das Mercedes, Paz Nóvoa, Praza Maior.
  • Sábado 31(10:30 a 14:00h) rúa do Paseo e Praza de San Antón

Contacontos de temática medioambiental

A campaña inclúe tamén Contacontos de temática mediambiental, dirixidos a pequenos e maiores, que terán lugar do 29 ao 31 de decembro. Nas actuacións do contacontos, estará tamén presente a comitiva dos Reis Magos. As actuacións terán lugar os días e horas seguientes:

  • Xoves 29, 12:00-13:00 h, Rúa do Paseo fronte ao Parque de San Lázaro
  • Venres 30, 12:00-13:00 h na Praza de Paz Nóvoa
  • Venres 30, 16:30-17:30 na Praza Maior
  • Sábado 31, 12:00-13:00 h na Praza de San Antón

Accións no local do Centro Cultural Queixumes dos Pinos

O programa de actividades complétase cun obradoiro de construción de instrumentos musicais con material reciclado: desde hoxe 26 de decembro, luns ata o xoves, 29 de decembro, de 10:00 a 12:00, no Centro Cultural Queixumes dos Pinos. Para participar é preciso inscribirse no local desta asociación.

O venres, 30, ás 17:30h, terá lugar a interpretación dun vilancico cos instrumentos construídos, unha vez rematada a sesión do contacontos, a modo de clausura do obradoiro.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.