Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense afrontará a proliferación de ratas que, co tempo de primavera, volven aparecer en diferentes puntos da cidade. A partir desta semana, o departamento de Medio Ambiente intensificará os tratamentos preventivos de desratización, desinfección e desinsectación en todo o municipio, cunha primeira fase de choque que se desenvolverá durante todo o mes de maio. O resto das fases serán nos meses de xullo e setembro. Durante o resto do ano, realízanse tratamentos de mantemento e puntuais ante denuncias e avisos veciñais.

Ademais dos procedementos habituais, o Concello de Ourense vén de instalar senllos dispositivos intelixentes, un sistema que permite monitorizar permanente os roedores as 24 horas do día os 7 días da semana. Estas trampas actívanse cando os seus sensores detectan a presenza de roedores polo movemento ou calor do corpo deste. A activación da trampa provoca que un sistema interno de varillas metálicas impacte co roedor causándolle a morte de inmediato. Logo do impacto, a trampa volve estar lista de forma automática.

O primeiro destes dispositivos está instalado na rúa doutor Peña Rey, instalado o 28-9-16 e tivo 207 activacións, o último impacto foi o 4-5-17 ás 10:03 (97 disparos desde o 7-3-17: 2 ao día). O segundo dispositivo está situado na rúa Xosé Luís López Cid, con 10 disparos desde o 7-3-17. Estamos pendentes de buscar un novo emprazamento, para buscar zona con maior densidade e actividade de roedores.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.