Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Ourense, 11 de abril de 2018.

O Concello de Ourense volve presentar a oferta de actividades para todos os públicos no Botánico de Montealegre, “obradoiros cos que queremos achegar os ourensáns co seu medio máis próximo e, ao mesmo tempo, fomentar o parque como un dos espazo de lecer de referencia para toda a cidade, especialmente agora que pode presumir de novas infraestruturas”, dicía o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo: “Un novo estanque, unha pérgola, un miradoiro de madeira, unha plantación de 3.500 exemplares de ericáceas e a ampliación de 1 quilómetro aproximadamente de novos camiños”.

Estes nove obradoiros, pensados para gozar do lecer en familia, van dirixidos a dous públicos moi concretos. As actividades para o público infantil terán lugar os domingos ás 11:00 da mañá; mentres que as dirixidas ao público adulto se desenvolverán os sábados. Lorena Salgado, da Xesmega (concesionaria da xestión do Parque), lembraba que todos os obradoiros son gratuítos, pero con prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente nelas a través do formulario do espazo web www.botanicodemontealegre.com.

Os obradoiros son:

  • Sábado 21 de abril. 10:00 horas. Mindfulness en ámbitos sociosanitarios
  • Sábado 28 de abril. 10:00 horas. Mindfulness en ámbitos sociosanitarios
  • Domingo 29 de abril. 11:00 horas. Comedeiros para paxaros.
  • Domingo 13 de maio. 11:00 horas. Obradoiro de bombas de sementes.
  • Domingo 27 de maio. 11:00 horas. Artistas do clima.
  • Sábado 2 de xuño. 17:00 horas. Consumo responsable.
  • Domingo 3 de xuño. 11:00 horas. Coñecendo os ecosistemas.
  • Sábado 9 de xuño. 17:00 horas. Alimentación ecolóxica e saudable.
  • Domingo 10 de xuño. 11:00 horas. Aprendendo sobre a enerxía.
  • Domingo 24 de xuño. 11:00 horas. Reciclaxe de papel.

Documentos

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.