Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense intensifica neste mes de xullo a súa campaña de desratización e desinsectación nos parques e zonas públicas da cidade, coa posta en marcha dun plan de choque coincidindo coa chegada das vacacións estivais e o aumento de usuarios destas contornas públicas.

A pasada semana dende Alcaldía, a través da Concellería de Medio Ambiente, instóuselle á empresa encargada do control de pragas a traballar de forma intensa e exhaustiva para proceder ao saneamento dos sumidoiros e puntos sensibles para a aparición de ratas ou cascudas, coma os contedores de lixo.

Así, ao longo deste mes, está en marcha unha campaña de choque, que consiste en duplicar as actuacións habituais de control con dúas intervencións semanais nos parques, xardíns e rúas da cidade contempladas no plan anual de control de pragas, pero tamén en zonas onde se informou da presenza de roedores ou cascudas.

Este martes realizáronse traballos de control de pragas nos parques de San Lázaro, do Couto, de Barrocás, no parque da rúa Murga, Nuño de Ousende, rúa Greco, Manuel Lago, Avenida de Marín e Alameda da Ponte.

Os técnicos da empresa realizaron un control polos sumidoiros e os lugares onde soe ser habitual a presenza destes animais, e instalaron cebos e trampas mecánicas para proceder a súa captura e eliminación. De feito, as intensas choivas provocadas polas recentes treboadas provocaron que estes roedores saian máis cara a superficie por estar anegado o seu hábitat natural, a modo de supervivencia.

Na actualidade estanse a empregar estes dous sistemas (cebos e trampas mecánicas), que se colocan nos lugares do subsolo percorridos por estes animais sen que en ningún momento supoñan perigo algún para os cidadáns.

Esta previsto que este venres os técnicos da empresa de control de pragas realicen unha segunda actuación nestas mesmas zonas. Nas vindeiras semanas, a empresa realizará este mesmo plan de choque noutros puntos da cidade, co obxectivo de controlar a poboación de ratas e cascudas nos meses de verán.

Compre sinalar que as campañas de desratización e desinsectación non se centran na tempada estival. Ao longo de todo o ano realízanse actuacións en toda a cidade, pero nos meses de maio, xullo e setembro o control habitual intensifícase con senllas campañas de choque por toda a cidade, e con especial atención aos puntos onde é maior a presenza de persoas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.