Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense en funcións e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede, presentaron este mediodía nas piscinas de Oira a campaña de reciclaxe ambiental 'Unha cidade máis sostible, máis limpa', desenvolvida polo Concello de Ourense en colaboración coa empresa concesionaria da limpeza viaria, Ecourense.

A campaña consistirá no reparto de 5.000 conos, que tamén se poden empregar a modo de cinceiro, para depositar cabichas e outros residuos pequenos como pipas, chicles, caramelos, envoltorios pequenos. "Desde o Concello realízase un grande esforzo na limpeza das zonas verdes, de lecer e demais espazos públicos da cidade, mais hai residuos especialmente dificiles ou aínda imposibles de eliminar, como estes, nos que a clave é evitar que se depositen nas nosas rúas” explica Jorge Pumar, responsable de Medio Ambiente. “Por iso precisamos a axuda e a concienciación cidadá para manter o medio ambiente e a cidade cada vez máis limpa e sostible”. Esta iniciativa é un complemento da campaña de limpeza intensiva que o Concello e a empresa concesionaria están a desenvolver nos barrios da cidade.

Trátase de recipientes de PVC verde, nos que se pode ler o lema da campaña, con forma cónica para cravar facilmente no chan, e nos que se introducen residuos pequenos para posteriormente depositalos nunha papeleira, xa que son elementos reutilizables. Dispoñen dunha tapadeira para facer máis hixiénico o seu transporte e son dun tamaño ideal para transportalos en calquera bolsa, neceser ou mochila.

Por toda a cidade.

A acción de hoxe en Oira non será a única desta campaña: Repartiranse 5.000 conos en total para recoller os residuos sólidos nas zonas de baño (Oira, Parque Miño e praia da Antena), no Paseo Termal (desde A Chavasqueira, pasando polas pozas de Muíño e Outariz) e en zonas verdes da cidade coma o Parque de San Lázaro, Xardín do Posío ou Alameda do Cruceiro. Igualmente, estarán á disposición dos turistas que se acheguen á Oficina de Turismo Municipal e outras instalacións deportivas municipais.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello. Acceda á Plataforma de Contratación do Estado, e seleccione a ficha "Documentos" para acceder a información sobre os contratos menores.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.