Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense pon en marcha unha campaña fronte á invasión de estorniños na cidade. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e Juan Fraga, responsable da empresa Larus Control, explicaron esta mañá as intervencións que se levarán a cabo para desprazar a colonia de estorniños que se atopa en Ourense coa finalidade de poñer fin ás molestias que a proliferación destas aves lle ocasiona á cidadanía ao xerar excrementos, ruídos e impedir gozar dos diferentes espazos públicos onde se asentan.

O Concello de Ourense pon en marcha unha campaña fronte á invasión de estorniños na cidade.O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e Juan Fraga, responsable da empresa Larus Control, explicaron esta mañá as intervencións que se levarán a cabo para desprazar a colonia de estorniños que se atopa en Ourense coa finalidade de poñer fin ás molestias que a proliferación destas aves lle ocasiona á cidadanía ao xerar excrementos, ruídos e impedir gozar dos diferentes espazos públicos onde se asentan.

A campaña aposta por implementar medidas “ecolóxicas e naturais”, subliñou o alcalde, “que se teñen comprobado eficaces noutras localidades”, e que permitirán poñerlle fin a un problema que se leva rexistrando en Ourense “durante máis dunha década”, dixo.

En Ourense está asentada na actualidade unha poboación duns 10.000 estorniños, entre os autóctonos e os chegados doutras localidades. A súa presenza irase incrementando até o mes de marzo, polo asentamento de máis aves que migran desde o norte de Europa atraidas pola calor, a existencia de espazos protexidos e a luz artificial.

O obxectivo da campaña non é eliminar estes animais, senón desprazalos: “conseguir que non estean a gusto na cidade e se vaian a outras zonas a pernoctar”, manifestou o responsable da empresa, Juan Fraga. Os traballos comezarán coa elaboración dun censo coas zonas máis conflitivas.

A partir de aí comezarase coas intervencións, en horario nocturno para evitar interferencias, cando os estorniños descansan. Serán soltas de aguias Harris, especie procedente do norte de América e depredadora natural -e inofensiva para a especie humana-, que asusten e incomoden os estorniños. Tras esta primeira fase, utilizaranse tamén outras técnicas coma o uso de sons, luces ou efectos ópticos.

Os traballos terán continuidade durante varios meses, xa que obxectivo non é só que se despracen as aves que xa se atopan na cidade, tamén evitar que cheguen a establecerse aquí novos exemplares.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.