Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Concellería de Medio Ambiente e Perímetro Rural do Concello de Ourense volve abrir o prazo para anotarse nas actividades para todos os públicos no Botánico de Montealegre, obradoiros para achegarlles aos ourensáns o seu medio máis próximo e fomentar o parque como un dos espazos de lecer de referencia para toda a cidade. Trátase dunha oferta de dez obradoiros até finais de ano, pensados para gozar do lecer en familia, e van dirixidos a dous públicos moi concretos: o infantil, os domingos ás 11:00 da mañá; e o adulto, os sábados ás 15:00 horas.

A oferta ábrese con Máscaras e Milladouros de Samaín, este domingo ás 11:00 horas, para un público infantil. O Samaín é unha tradición celta que marcaba o cambio do ano e un cambio de transición, e críase que a porta dos mortos quedaba aberta á dos vivos durante esa noite. Desta crenza xurdiron as cabazas en forma de caveira, unha tradición que comezou con caveiras reais nas portas das casas a modo de protección, e a partir do século XVI incorporouse a cabaza e comezouse a usar como substituta ás caveiras reais.

A primeira parte do obradoiro levarase a cabo na aula, onde se realizarán máscaras coa temática de Samaín. A outra parte será na zona do auditorio, onde se realizarán os tradicionais milladouros -agrupacións rituais de pedras- de tamaño pequeno para evitar accidentes

A programación é a que segue:

  • Domingo 27 de outubro, ás 11:00 horas. 
    Máscaras e Milladouros de Samaín. +5 anos. 2 horas
  • Sábado, 2 de novembro, ás 15:00 horas.
  • Trampas para insectos. Adultos. 2 horas.
  • Domingo, 3 de novembro, ás 11:00 horas.
    Crea o teu cestillo para o Magosto. +6 anos. 2 horas.
  • Sábado, 9 de novembro, ás 15:00 horas.
    Mantemento básico de xardíns. Adultos. 3 horas.
  • Domingo, 10 de novembro, ás 11:00 horas. 
    Obxectos e figuras con xornais. +6 anos. 2 horas
  • Domingo, 17 de novembro, ás 11:00 horas.
    O medio que nos rodea en Montealegre. +6 anos. 2 horas.
  • Domingo, 24 de novembro, ás 11:00 horas.
    Obxectos e figuras con xornais. +6 anos. 2 horas.
  • Domingo, 8 de decembro, ás 11:00 horas.
    Crea o teu móbil con restos vexetais. +6 anos. 2 horas.
  • Sábado, 14 de decembro, ás 15:00 horas.
    Obradoiro de fertilizantes naturais. Adultos. 3 horas.
  • Domingo, 15 de decembro, ás 11:00 horas.
    Láminas con plantas. +5 anos. 2 horas.
  • Domingo, 22 de decembro, ás 11:00 horas.
    Crea adornos para o Nadal. +6 anos. 2 horas.

Todos os obradoiros son gratuítos, pero con prazas limitadas (15), polo que é preciso inscribirse previamente nelas a través do formulario do espazo web www.botanicodemontealegre.com.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.