Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense comezou, esta mañá na rúa Florentino Cuevillas, a instalación dos novos contedores de lixo para a cidade. É o caso dunha illa que albergará cinco contedores soterrados para a recollida dos seguintes residuos sólidos urbanos: vidro, papel, envases, bioresiduo e resto.

A instalación comezou coa desmontaxe da illa existente. Así, procedeuse á súa limpeza e á retirada de restos do fondo do foxo de contención. A partir de aí, comézase a instalar o novo modelo, en fase de proba. Trátase dunha illa con cinco contedores MOLOK® Classic coas seguintes características: interior ríxido de polietileno de alta densidade; 3 m3 de capacidade; o sistema de apertura é de dobre gancho; contén depósitos de lixiviados independentes na parte inferior; as tapas están coloreadas para identificar cada tipo de residuo. 

Como se comentou no seu día, este modelo de contedores e o que se instalará na rúa Sáenz Díez están en fase de proba, para ver cal deles se adapta mellor ás necesidades da recollida de lixo na cidade. Ademais, esta nova instalación xa incorpora o quinto contedor, dedicado aos residuos orgánicos, en resposta á entrada en vigor da nova Lei de Residuos.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.