Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa empresa concesionaria Ecourense dálle resposta á demanda dos comerciantes de Ourense de facilitarlles o acceso á recollida de papel e cartón comercial como mellora sustentable da cidade. Jorge Pumar, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente resalta que este plan permitirá darlle servizo a calquera empresa en calquera punto de Ourense, mellorando a xestión do cartón comercial, mellorar a estética das rúas e, sen dúbida, dar un salto cuantitativo e cualitativo na recollida de papel e cartón da cidade. Estas melloras só teñen un fin: mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a sustentabilidade urbana da nosa cidade.

O servizo arrinca cunha chamada ao teléfono gratuíto 900 81 00 81 con horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas ou en atención continua ao número móbil 617 26 63 35, que acepta tanto mensaxería (Whatsapp) como chamada de voz. Por estes medios o comerciante pode solicitar o servizo de recollida completamente gratuíto e á porta do seu establecemento.

Para Pumar este novo servizo, próximo e cómodo, debe ser clave para a aposta por un Ourense sustentable. Ademais, para o concelleiro, esta actuación porta a porta permitirá mellorar a estética urbana da cidade ao recoller o cartón comercial en orixe e evitar almacenamentos innecesarios nas beirarrúas de Ourense.

Esta actuación súmase á visita personalizada, roteiros específicos polas áreas de maior densidade comercial para atender os comercios en horario e días de forma xeral. O servizo complementará o anterior, ao ofertar roteiros en horario e día para maior comodidade do comercio. Multiplicará os seus esforzos para alcanzar o cuádruplo de rúas das actuais, xa que non só atenderá o centro de Ourense senón tamén as principais rúas comerciais dos barrios.

Por último, en previsión de darlle resposta á maior demanda que a campaña de Nadal xera en relación á xestión do cartón, o servizo de recollida actual dobrará os seus medios para darlle atención adecuada ao conxunto da cidade. Para Jorge Pumar, este novo servizo ten un fin: axudar o comercio para reciclar e mellorar a sustentabilidade do conxunto da cidade.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.