Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente e Perímetro Rural, Jorge Pumar, e os representantes das principais agrupacións de veciños de Ourense mantiveron hoxe luns unha reunión de traballo para acordar e concretar as actuacións que configuran o primeiro “Plan +RURAL” de Ourense. A versión final do Plan materialízase en 51 actuacións que supoñerán 3.727.833,40 euros de investimento en obras no rural durante o período 2020/21.

Jorge Pumar afirma estar satisfeito co traballo realizado. “É un traballo que empezabamos no mes de xaneiro e que se puido concretar hoxe, a pesar dos efectos da maior crise sanitaria en décadas. Logro que se conseguiu, e así o debo destacar, grazas ao enorme esforzo do equipo de funcionarios da concellería que dirixo, que nestes dous últimos meses foron a visitar e valorar unha por unha todas as actuacións solicitadas polos veciños”. “Tamén quero darlle as grazas a cada asociación e veciño, que colaboraron e confiaron en nós para dar resposta ás súas demandas locais”, engade o concelleiro e tenente de alcalde.

O Plan “+RURAL”, é un plan moi importante para o perímetro rural de Ourense. É un plan de obras participativo e de consenso, onde as federacións, agrupacións, colectivos ou veciños individuais do rural puideron presentar as súas demandas ou necesidades en orde prioritaria. Este plan incorpora tanto actuacións de conservación ou mellora de vías, parques ou espazos de lecer, rehabilitación de lavadoiros, como tamén proxectos significativos como a humanización do núcleo da Lonia (551.250 €), o Palao de Velle (352.300,17 €), a pista cuberta en Cabeza de Vaca (162.007,71 €), a mellora da Costiña de Canedo (50.695,90 €), o acceso ao núcleo de Zaín – As Curuxeiras(100.170 €) ou o acceso a Expourense desde o Hotel San Rosendo –rúa do Espeto– (47.384,34), entre outros.

Agrupación Miño

Lorinda Fernández, presidenta da Agrupación Miño, sinalaba pola súa banda que “xa era hora que se fixese un plan deste tipo polo rural”. “É a primeira vez que en Ourense os veciños son parte fundamental e decisiva nos investimentos no rural”, di, xa que “nunca se fixera un plan desta envergadura no rural, e menos participativo”. Segundo a presidenta da A. Miño, este plan “posibilitará realizar intervencións en moitas asociacións e en moitos barrios, axudando a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do perímetro rural e da periferia de Ourense”. “Por fin”, asegura Fernández, “as promesas son feitos”.

Federación Limiar

Manuel Mosquera, presidente da Federación de AAVV Limiar, aseguraba á saída da reunión: “Saímos enormemente satisfeitos da reunión de traballo. É un plan moi importante e ambiciosos para facer realidade as melloras no perímetro rural e puidemos concretalo con certo grao de consenso. Desde os colectivos veciñais vemos con moi bos ollos proxectos como o plan +RURAL, onde os veciños forman parte na definición e concreción das actuacións de cada zona”.

Organizacións non agrupadas

Olga Giráldez, representante das asociacións non pertencentes a organizacións agrupadas, comentaba “que saio moi satisfeita desta reunión; podo afirmar que temos un político que escoita aos veciños e cumpre”.

Valoración do concelleiro

“Este plan é unha aposta persoal e decidida polo rural de Ourense. Estamos perante un plan que supoñerá un antes e un despois e, ao mesmo tempo, xerará emprego. Debemos contar sempre cos veciños, que son quen mellor coñecen as necesidades de cada zona e acordan as súas actuacións. É un proxecto dos veciños e para os veciños que se pode resumir en tres palabras chave: participación, compromiso e implementación”, destacou o tenente alcalde, Jorge Pumar, ao finalizar a reunión.

DOCUMENTACIÓN

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.