Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Elena Ampudia, asinaron esta mañá un convenio para a apertura dun concurso de ideas para a posta en valor das marxes do río Miño ao seu paso pola cidade. Esta sinatura é resultado dun diálogo permanente entre o rexedor e a directiva da delegación ourensá do COAG, con Rafael Castro Armesto á cabeza.

Pérez Jácome afirma que “este é o primeiro movemento para transformar a cidade”. Son 12,3 quilómetros que precisan dunha intervención que custaría uns 15 millóns de euros, asegura o rexedor, e o Concello irá da man do COAG para sacar adiante o concurso de ideas. O alcalde considera prioritario que este concurso servirá para “embelecer, adecentar e unificar todo o circuíto do río Miño”, un dos emblemas de Ourense.

O concurso pretende acadar un plan a futuro que unifique criterios e lle dea continuidade aos 12,3 quilómetros do percorrido fluvial -desde Oira até a pasarela de Outariz-, integrados na trama urbana da cidade e con conexións entre o paseo e as diferentes vías urbanas, mesmo dándolle uso e sentido a diversas zonas municipais actualmente sen servizos. 

A decana do COAG, Elena Ampudia, asegura que “este concurso de ideas, redactado polo COAG, deberalle garantir unha accesibilidade cómoda á cidadanía”, xa que “actualmente non hai continuidade para a circulación dos peóns, no que se refire á arquitectura, pavimentos ou iluminación”. Ademais, “terase que respectar urbanisticamente a normativa e os proxectos en marcha, tales como o PXOM, pendente de aprobación, ou o bulevar termal”, di.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.