Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense encargará a realización dun estudo sobre o estado da masa arbórea dos parques máis concorridos da cidade para garantir a súa total seguridade. O alcalde anunciou esta medida logo de ter coñecemento, esta mañá, da caída dun tileiro no Parque de San Lázaro. O alcalde e o xefe do Servizo de Medio Ambiente achegáronse á zona para realizar unha primeira avaliación, na que constataron que non se produciran danos persoais nin materias de consideración, e adoptar medidas para que non se volvan producir casos similares. “Temos que minimizar a tope os riscos. Os nosos parques teñen que ser seguros, e o que ocorreu hoxe ten que ser algo puntual e esporádico”, sinala o alcalde.

Esta mañá xa comezaron os traballos de retirada da árbore caída. De forma inminente, o Concello encargará á empresa que xestiona as zonas verdes da cidade que realice un estudo que avalíe o estado estrutural das árbores dos parques máis concorridos da cidade. O Concello disporá así dun diagnóstico inmediato da situación. Tamén contratará unha empresa especializada que realice un estudio máis detallado e pormenorizado para evitar riscos similares nos parques máis concorridos.

As primeiras estimacións apuntan a que a causa do suceso foi a forte chuvia que caeu no día de onte na cidade, que fixo que o terreo no que se asenta a árbore perdese capacidade portante, xunto coa grande dimensión do tileiro, que tiña sen embargo unhas raíces pouco extensas, ao ser unha árbore que recibe auga constantemente por contar con rego automático, unha combinación que orixina unha descompensación de peso que provocaría que se viñese abaixo.

Neste escenario, manifestou o alcalde, “temos que facer unha auditoría de todas as árbores de Ourense que teñan grandes dimensións e que poidan ter un potencial risco e circunstancias similares, por ter rego automático e atoparse en zonas máis concorridas”, e tomar todas as medidas de prevención que sexan precisas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.