Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense rematou, coa limpeza da estatua do Anxo Caído -de Francisco Asorey- no parque de San Lázaro, o seu plan de limpeza Cultura na rúa para as obras culturais da cidade. A través da concesionaria da limpeza, Ecourense, contratouse unha empresa especializada na protección e conservación da arte, con experiencia contrastada neste tipo de labores, para completar un percorrido por 18 obras. Os traballos contaron cun orzamento de 32.609 euros.

Tratábase dunha posta en valor e mellora da conservación destas 18 obras a través dunha limpeza exhaustiva na que se utilizaron mesturas de produtos de limpeza respectuosas cos materiais das esculturas, e empregando a maquinaria adecuada para os distintos tamaños e composicións de cada obra.

O equipo de traballo de limpeza de Ecourense prestoulles especial atención ás manchas provocadas polas pintadas e actos vandálicos, pero tamén tivo que loitar contra musgos e liques que medraban sen control, contra os danos producidos pola polución da contorna e contra o óxido, nas partes de metal. Na súa maior parte, a dificultade das actuacións era “alta” ou “extrema” pola situación de deterioro dos materiais -granito, grafitos e bronce-.

Desde finais do mes de xuño, cando se iniciou a limpeza da estatua do San Rosendo, de Xosé Cid, continuouse con outras coma o Nexus VI, de Xosé Luís Carreira, na avenida Pardo de Cela, o Padre Feijóo de Eugenio Montes, a estatua de Concepción Arenal, de Aniceto Mariñas (na foto), O Carrabouxo, Píramo e Tisbe ou a de Ramón Otero Pedrayo, na praza do Correxedor.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.