Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou esta mañá as obras de acondicionamento dun parque infantil, executadas polo Concello na localidade de Vilar de Astrés. Con esta actuación, a veciñanza dispón dun novo espazo de lecer, moi demandado, nas proximidades do local da asociación veciñal, nuns terreos municipais que se atopaban sen uso. O proxecto, cun orzamento de 48.392,16 euros dota unha nova área infantil de 398 metros cadrados de superficie, con pavimento de caucho absorbedor de impactos, dotada con diferentes elementos para o lecer da cativada, máis de 35 nenos e nenas.

A zona conta cunha tirolina de madeira de 25 metros, unha maxitorre de dúas alturas cunha randeeira (columpio) mixta, 3 balancíns, un con forma de tucán, outro con motivos relacionados co fútbol e outro con forma de elefante e unha torre barco cun panel de xogos e dous temóns. Completan o conxunto unha casiña infantil e unha pirámide de trepa, de 3,50 metros de altura fabricada con corda anti-vandálica e conectores de aluminio, situada sobre un areeiro de 55 m2 .

Tamén na localidade de Vilar de Astrés, o Concello realizou obras de acondicionamento e mellora da Praza de Vilar, un espazo municipal situado no inicio do núcleo de Vilar de Astrés, que dá acceso a vivendas unifamiliares na zona desde a OU-5026. A actuación consistiu en delimitar e pavimentar espazos peonís e de circulación rodada, coa finalidade de humanizar os espazos e mellorar a pavimentación, xunto coa mellora e adecentamento do acceso á fonte lavadoiro público situado na parte inferior. Tamén se instalaron novos bancos. O proxecto neste caso tiña un orzamento de 34.926,75€.

Na mesma zona, o Concello executou un terceiro proxecto, consistente na rexeneración de firme na estrada que dá acceso ao núcleo de Sartédigos, cun investimento de 48.132,88 euros. Neste caso, o obxectivo foi mellorar a vía que dá acceso a este núcleo desde a estrada OU-0526 para facilitar o acceso aos seus domicilios dos habitantes da zona.

Con motivo desta visita, o alcalde achegouse tamén até as obras que se están realizando tanto no punto limpo de Vilar de Astrés como na ampliación e mellora das instalacións da canceira municipal.

As tres obras forman parte do plan de investimentos no perímetro rural +RURAL do Concello de Ourense.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.