Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense anuncia a resolución da convocatoria para a selección de proxectos formativo-participativos para Participación Cidadá para o ano 2018.

Ao concurso puideron presentarse proxectos formativos-participativos, As persoas físicas e xurídicas que ostenten plena capacidade de obrar, capacitación técnica e habilitación profesional, e que non estean incursas nalgunha causa de exclusión ou prohibición para contratar coas administracións públicas.

Custo das contratacións

Para o exercicio 2018 fíxanse os siguintes importes:

  • Cursos de carácter anual:
    • 28 euros/hora Empresas, autónomos, que contraten un Seguro de RC, para as actividades, e garantan a substitución do monitor no caso de baixa ou incapacidade temporal.
    • 22 euros/hora Empresas, autónomos, que teñan contratado un Seguro de RC.
    • 20 euros/ hora Empresas, autónomos, que non garanticen o relevo do monitor no caso de baixa oo de incapacidade temporal.
  • Cursos de Verán ou Nadal:
    • 35 euros / hora Empresas, autónomos, que teñan contratado un Seguro de RC, para as actividades, e garantan o relevo do monitor no caso de baixa ou incapacidade temporal
    • 28 euros/hora Empresas, autónomos, que teñan contratado un Seguro de RC.
    • 25 euros/hora Empresas, autónomos, que non garanticen o relevo do monitor no caso de baixa ou incapacidade temporal.

Os cursos de informática, verán incrementadas estas cantidades en dous euros (2 euros/hora), en concepto de gasto polo uso de equipos informáticos e conexións a internet. Os cursos que se realizan en locais de asociacións de veciños do perímetro rural levarán un incremento a maiores de dous euros (2 euros/hora), para compensar o desprazamento.

Crédito orzamentario

Os contratos para impartir os cursos adxudicaranse con cargo á partida 190.9240.22694 "Gastos diversos e programación Participación Cidadá" ou partida que a substitúa no orzamento, como anticipado de gasto, polo que a execución do contrato quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente..

Plazo e lugar de presentación

As solicitudes deberon presentarse ate o 7 de xullo, no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou en calquera das formas contempladas no art. 16 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Poderonse presentar ate tres proxectos para as actividades anuais, e cinco para as actividades de verán.

Documentación adicional

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.