Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Tres dependencias municipais veñen de cambiar ubicación co inicio do novo ano 2017.

Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Oficina Municipal de Información ao Consumidor, ata agora sita na rúa Arcedianos, ven de trasladarse á oficina da UNIS (Unidade Interdisciplinar de Intervención Social) da zona Centro,sita na rúa Bernardo González Cachamuíña, número 11-13, baixo.

Alí poderán acudir todas as persoas interesadas en recibir este servizo gratuíto do Concello dedicado ao asesoramento, defensa e educación en materia de consumo, que ten a finalidade de promover o coñecemento e exercicio dos seus dereitos, cara á promoción e ó desenvolvemento de actitudes e condutas racionais e críticas en relación ao consumo de produtos e servizos.

Oficinas da Consellería de Sanidade

As oficinas da Concellería de Sanidade, que durante nos últimos anos se atopaban na rúa Concordia, mudaron a súa ubicación á rúa Vasco da Ponte, número 1. Alí ten xa a súa séde esta área municipal, responsable do servizo municipal de apoio ás familias con fillos, dos programas de alimentación saudable, de Saúde Materno Infantil, de prevención das adiccións, ou de lecer saudable, engre outros servizos que presta.

O sito na rúa Vasco da Ponte é un edificio municipal que xa xestionaba a Concellería de Sanidade, que desenvolvía nel actividades do programa de Saúde Materno Infantil, obradoiros de cocina, manipulación de alimentos, ou prevención de consumo de alcohol.

Concellería de Asuntos Sociais

Por outra banda, a Concellería de Asuntos Sociais unifica no edificio do Cárcere da Coroa e rúa Bispo Carrascosa, número 8, no Casco Vello da cidade os seus servizos sociais centrais. Alí estaban ata agora os programas de inclusión social, para inmigrantes e etnias, e agora están neste edificio tamén os servicios sociocomunitarios, tanto básicos como específicos.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.