Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A aula municipal de cociña do Concello de Ourense (situada na rúa Vasco da Ponte, 1), acollerá desde o luns, 3, ata o 21 de abril, a "Semana do Mar de Ourense", conformada por un programa de actividades que teñen como finalidade promocionar e dar a coñecer a calidade dos produtos galegos do mar.

Esta iniciativa, organizada pola Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, está dirixida a restauradores, peixeiros e consumidores en xeral, así como a escolares de Educación Primaria, con actividades específicas para eles. 

Cociñeiros de prestixio como Flavio Morganti, Emma Pinal e Héctor López realizarán showcookings, onde se servirán tapas degustación.

Tamén haberá obradoiros dirixidos a nenos de Primaria e, como novidade nesta edición, escolares de dous centros educativos participarán nunha excursión “O sabor da aventura está no mar”, na que visitarán a Lonxa de Canido e o Museo do Mar.

As actividades comezarán o luns, ás 18:00 horas, coa charla coloquio “Do mar ao prato, manipulación e limpeza do peixe”, de Ardora Formación e Escenoset, e un showcooking de Flavio Morganti, do restaurante Galileo. Serviranse 3 tapas degustación de produtos do mar.

Programa completo de actividades (pdf)

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.