Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu o acto de presentación do Día Mundial da Saúde, que se celebra o 7 de abril de cada ano para conmemorar o aniversario da Fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS), e que contou coa asistencia de 33 asociacións do ámbito da Sanidade en Ourense, incluída a presenza da corporación municipal. O tema da campaña para o Día Mundial da Saúde de 2017 é a depresión, “que afecta a persoas de todas as idades, condicións sociais e de todos os países”, segundo indicou a concelleira de Sanidade, Sofía Godoy.

A depresión é a primeira causa de enfermidade no mundo actualmente, e provoca angustia mental e afecta á capacidade das persoas para levar a cabo mesmo as tarefas cotiás máis sinxelas, o que ten en ocasións efectos nefastos sobre as relacións coa familia, amizades e sobre a capacidade de se gañar a vida. No peor dos casos, a depresión pode provocar o suicidio, que actualmente é a segunda causa de morte entre as persoas de 15 a 29 anos de idade. Os tres grupos afectados de maneira desproporcionada son: a mocidade de 15 a 24 anos, as mulleres en idade de procrear (especialmente tras o nacemento dun/dunha fillo/a), as persoas de idade avanzada (máis de 60).

Ruta pola cidade

Co obxectivo de previr e tratar a depresión e dunha mellor comprensión do que é a depresión e de como pode previrse e tratarse para reducir a estigmatización asociada á enfermidade, as 33 asociacións relacionadas co ámbito da Saúde que se deron cita no Salón de Plenos, realizarán unha ruta a pé polo centro da cidade, con saída (12:00 horas) e chegada (13:00 horas) á praza de San Martiño para concienciar e animar a que as persoas estean mellor informadas sobre a depresión, as súas causas e posibles consecuencias, incluído o suicidio, e sobre a axuda de que se dispón para a prevención e o tratamento da enfermidade

O eixo da campaña, aseguraba Sofía Godoy, “é a importancia de falar da depresión como compoñente vital da curación”. A estigmatización das enfermidades mentais, incluída a depresión, segue a ser un obstáculo para que as persoas pidan axuda.

A concelleira, Sofía Godoy, apuntou tamén a que están próximos a anunciarse as actividades con motivo do Día Mundial da Saúde. Desde o departamento de Sanidade trabállase coas diferentes asociacións para organizar obradoiros e charlas e haberá, coma utros anos, o tradicional paseo pola saúde que tratará de visibilizar o traballo das organizacións.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.