Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Informar, concienciar e sensibilizar sobre a responsabilidade de ter animais é o obxectivo da I xornada de adopción responsable, o domingo día 11 de xuño, na parte superior do Centro Comercial Ponte Vella, de 11,00 a 21,30 horas.

Esta é unha iniciativa da Concellería de Sanidade do Concello de Ourense que se desenvolve coa colaboración das asociacións APMOU e Patrulla Callejera, entidades que se dedican a normalizar a convivencia cos nosos compañeiros peludos e procurarlles unha mellor calidade de vida. Concello e asociacións veñen traballando desde hai varios meses nesta iniciativa, que resulta moi necesaria, xa que cada día aumenta o número de animais de compañía por fogar así como o seu índice de abandono.

Profesionais de diferentes ámbitos ofrecerán relatorios sobre as súas especialidades: veterinarios, expertos en comportamento canino, etólogos, unha avogada especialista en dereito animal e un membro da Policía Local que asesorará sobre como actuar en caso de presenciar un maltrato animal.

A xornada rematará cunha pasarela (21:30 horas), apadriñada polo actor ourensán Sergio Pazos, con algúns dos cans adoptados e en adopción das distintas protectoras da cidade, unha actividade á que asistirán a concelleira de Sanidade Sofía Godoy, e as presidentas de ambas asociacións: Inés Quintián e Nani Castellanos. Paralelamente aos relatorios realizarase un mercado solidario das asociacións Patrulla Callejera e ALMA.

Para agradecer a asistencia á pasarela canina realizaranse sorteos, nos que un dos agasallos virá da man de Paula González -responsable e fundadora de perriturismo-. A entrada é gratuíta aínda que haberá unha "caixa solidaria" na que se recollerán donativos para os animais sen fogar que están baixo a tutela de PROGAPE, Patrulla Callejera e ALMA.

Concello, APMOU e Patrulla Callejera colaboran nesta iniciativa entendendo que a información pode axudar a evitar a situación de desprotección na que se atopan algúns animais froito de la ignorancia, desidia ou desinformación.

Os relatores presentarán distintos temas de interese dando unha pequena pincelada que sirva para abrir o camiño a aquelas persoas, con ou sen animais, que teñan dúbidas acerca de nutrición, problemas de conduta, dereito animal, etc... Exporase a realidade, e o día a día das asociacións protectoras de animais. Será unha xornada de información pero tamén de concienciación e sensibilización no que tamén se contará con testemuños de adoptantes e casas de acollida colaboradoras coas distintas protectoras.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.