O acto contou tamén coa presenza dos concelleiros de Seguridade, Carlos Campos, e de Sanidade, Sofía Godoy, así como da presidenta da APSOU, María Isabel Fernández Álvarez.
O Concello de Ourense facilitaralles a formación específica, a través do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, sobre a prevención de incendios así como sobre a forma de actuar en caso de emerxencia. Será artellando conferencias, cursos de formación e coloquios. Pero tamén a través de programas específicos para as persoas con discapacidade auditiva coma o acceso ao teléfono de emerxencias 112, dispoñible para persoas con discapacidade auditiva que elaborou a Axencia Galega de Emerxencias, polo que se pode comunicar en tempo e lugar unha emerxencia a través dun SMS.
O acordo terá vixencia durante un ano e as dúas entidades colaborarán durante este tempo, de xeito voluntario, en calquera outra actuación que poidan considerar de interese mutuo, segundo se recolle no texto do convenio.