A Concellería de Sanidade presenta unha nova edición do ciclo Cine e Saúde, que contará coa proxección de cinco filmes entre os meses de outubro e maio.
Trátase dun proxecto dirixido a rapaces entre 11 e 18 anos, que son alumnos de ESO, bacharelato ou de ciclos formativos.
Obxectivo.
O programa pretende usar o cine como ferramenta para que interactúen, fagan unha análise, reflexión crítica e debatan sobre temas tan dispares como o racismo, a sexualidade ou as relacións de familia.
Materiais
- Guías didácticas para o profesorado e o alumnado
- Filmes en DVD
Contidos
Os alumnos procederán ao visionado das películas seleccionadas nesta edición e desenvolverán os contidos das guías didácticas na aula.
Películas
- Yo, él y Raquel
- Un gato callejero llamado Bob
- El lenguaje del amor
- Mustang
- O los tres, o ninguno