Entre 16,30 e 20,30 horas os participantes poderán participar en cinco conferencias a cargo de recoñecidos expertos no tema coma José Ramón Hevia, Xefe do Servizo de Promoción a Saúde e Participación do Principado de Asturias.
A xornada está acreditada a través de SEAFORMEC con 0,6 créditos, o que implica o recoñecemento polo Sistema Nacional de Formación Continuada e do European Accreditation Council for CME de la UEMS.
Haberá un total de 80 prazas. A preinscripción é gratuita e obrigatoria no Colexio Oficial de Médicos de Ourense.