Durante as vindeiras semanas, 2 iglúes rosas estarán situados en puntos emblemáticos de Ourense. Por cada quilo de envases de vidro que os cidadáns depositen nos colectores, Ecovidrio doará un euro á Fundación Sandra Ibarra de Solidariedade Fronte ao Cancro.
Un total de cinco localidades galegas sumáronse á iniciativa. Ademáis de Ourense, A Coruña, Santiago, Lugo e Vigo tamén quixeron sensibilizar aos seus cidadáns na loita contra o cancro de mama.
A campaña estendeuse por 21 cidades de todo o territorio nacional como Sevilla, Madrid, ou Valladolid. Así pois, o número total de colectores instalados será de 146. Por segundo ano consecutivo a entidade contou con Sandra Ibarra, directora da fundación Sandra Ibarra de Solidariedade Fronte ao Cancro como embaixadora do proxecto.
Como símbolo da concienciación e solidariedade contra o cancro de mama, Ecovidrio creou un colector doméstico cun deseño especial. O miniglú poderase adquirir a través da web Miniglú.es e os beneficios destinaranse a Fundación Sandra Ibarra de Solidariedade Fronte ao Cancro para contribuír á prevención, información e sensibilización desta enfermidade.