Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense vén de presentar os cinco programas de Familia da Concellería de Sanidade, que se promocionan desde o 24 de outubro a través da campaña “Educa en respecto e Solidariedade”, e cos que pretenden orientar as nais e pais da cidade na educación dos seus fillos.

A través da Escola de Nais e Pais, do servizo Smaff e do Ociourense, o departamento de Sanidade atendeu a 659 familias da cidade o pasado ano. Coa posta en marcha do programa Sabes e da campaña promocional, o Concello pretende “ampliar o número de usuarios e apoiar os educadores no proceso evolutivo, educativo e madurativo dos nenos”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Co obxectivo de fortalecer o papel referencial e potenciar a comunicación e as habilidades sociais na familia, necesarias para favorecer un bo clima emocional e de relación, o Concello de Ourense quere fomentar as boas prácticas a través do primeiro axente socializador, que é a familia. “Este Concello entende a necesidade de que os educadores fortalezan o seu papel referencial establecendo límites claros e normas que orienten o comportamento dos seus educandos”, comentaba o rexedor en rolda de prensa.

Estes límites e normas serven de guía para substituír o control exterior das súas condutas por un control interno, o que facilitará que na adolescencia, idade na que adoitan aparecer os primeiros problemas, os máis novos poidan responder á presión externa de xeito responsable.

Os programas da Concellería de Sanidade queren, así mesmo, funcionar “coma un todo entrelazado, non só porque enriquecen a programación senón porque tamén nos axudan a coñecer aos usuarios”, sinalaba a técnica da Concellería, Luísa Rodríguez Arias.

Así, a través da Escola de Nais e Pais quérese facilitar unha ferramenta de apoio e orientación aos pais para educar os fillos; o SMaFF, un servizo que entrou en funcionamento en 2012, serve para que os pais que se enfrontan por vez primeira aos problemas da adolescencia saiban como actuar; Ocio en Familia procura o lecer conxunto favorecedor da comunicación; o programa Sabes, en colaboración coa Concellería de Asuntos Sociais, nace para poñer en valor as mulleres emigrantes ou en risco de exclusión social; e a Educación para a autonomía pretende evitar a sobre protección dos fillos para que medren nun entorno crítico e maduro.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.