Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

 Permanece aberto o prazo de inscrición para o foro 'Solucións concretas ao problema do botellón', unha reunión de expertos de campos tan diversos coma os servizos sociais, a sanidade e condutas adictivas, colectivos xuvenís, seguridade, educación, psicoloxía e socioloxía, xunto a representantes do Concello de Ourense, que se celebrará este xoves 14 de decembro nas dependencias da Xunta de Galicia na nosa cidade (Casa de Chocolate).Organizado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, celebrarase no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense coa colaboración do Concello de Ourense a través da área de Sanidade.

A importancia deste foro quere reducir as altas taxas de consumo de alcohol, un problema sanitario de primeira magnitude na sociedade actual, con importantes causas e derivacións de orde psicolóxico e social que afectan a toda a comunidade. O problema toma unha especial
gravidade no relativo ao consumo na mocidade, porque incrementa notablemente as posibilidades de adicción, así como polos graves danos sanitarios, psicolóxicos e de relación que comporta.

EXPERTOS DE DIFERENTES MATERIAS

O foro, de carácter profesional, terá invitados procedentes de servizos sociais, sanidade e condutas adictivas, seguridade, educación, psicoloxía e socioloxía, xunto a representantes da administración municipal, autonómica e estatal; e por suposto, representantes de colectivos xuvenís. As súas propostas serán elevadas ás administracións competentes e autoridades para que sexan de aplicación inmediata.

Entre os relatores máis destacados cómpre salientar as intervencións de Antonio Piña, presidente da Audiencia Provincial, de Patricia Santaolalla Peralta, xefa de servizo na Subdirección General de Coordinación de Programas del Plan Nacional sobre Drogas; a da Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga; Antonio Rial Boubeta. Profesor da Facultade de Psicoloxía da USC e autor de traballos para o Valedor Pobo sobre consumo alcohol na mocidade; Manuel Couceiro, presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico; ou Breogán Rivo, xefe do Grupo Operativo da Policía Autonómica.

Programa e dirección para inscripcións (pdf)

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.