A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense pon en marcha unha nova edición da Escola de Nais e Pais, un programa que ten como finalidade apoiar a proxenitores e educadores no labor fundamental na educación da cativada. O programa desenvólvese a través de obradoiros formativos cunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, nos que se abordarán 3 bloques temáticos: “Familia e sociedade”, “Funcións da familia” e “Adolescencia e fenómenos que preocupan”. A inscrición é gratuíta e as persoas interesadas poden realizala na Concellería de Sanidade na rúa Vasco da Ponte, 1, baixo 988 510.062
O programa pretende promover a educación para a autonomía con respecto e responsabilidade, ao tempo que poñer en valore concienciar as familias do papel indiscutible que teñen no desenvolvemento integral de nenos e nenas,. A familia é a institución na que o individuo participa durante toda a súa vida, capaz de constituírse en transmisora de valores, costumes, hábitos, modelos de comportamento, así como elemento de apoio, resolución de conflitos e sustento do estado de benestar,
- No módulo 1: Familia e sociedade, abordaranse contidos como:
- Escola de Nais e pais como recurso educativo
- As familias de hox
- Desenvolvemento humano: habilidades sociais e de comunicación e resolución de conflitos
- Que se educa en familia
- Módulo 2: Funcións da familia:
- Estilos parentais: nai/pai responsable
- Educación para a autonomía
- Regras, límites e normas, modificadores de conduta, premios e castigos
- Relación familia/escola: rendemento escolar, acoso escolar, alimentación e trastornos
- Módulo 3: Adolescencia e fenómenos que preocupan
- A familia ante o/a fillo/a adolescente
- Sexualidade e afectividade
- As novas tecnoloxías: do uso ao abuso
- Familia e drogas
<