Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense está a elaborar unha memoria valorada das actuacións que se levarán a cabo para mellorar as instalacións do albergue de animais. Así o sinala a concelleira responsable, Sofía Godoy, quen lembra que “no que levamos de mandato, duplicamos o convenio que tiña o Concello con Progape, superando os 100.000 euros anuais, e acometemos melloras nas instalacións que levaban anos sen adecentarse”.

A concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, solicitou hai varias semanas a Progape un informe de necesidades nesta instalación, co fin de adecualas á nova Lei Galega de Protección e Benestar dos Animais de Compañía de Galicia.

Tal e como sinalan os técnicos municipais, algunhas das cuestións en dito informe reseñadas son competencia municipal, e outras son competencias da propia protectora, en virtude do estipulado no convenio asinado entre o Concello e Progape.

O pasado 30 de xaneiro abordouse, no marco da comisión de seguimento mixta Concello/Progape, o contido do devandito informe e a necesidade de acometer melloras nas instalacións, algo que se está a facer desde ambos ámbitos.

Porén, “a memoria que están a valorar os técnicos municipais vai mais aló do que precisa o informe, abordando tamén melloras eléctricas e de iluminación, a posta en marcha dun quirófano para pequenas cirurxías e a mellora e acondicionamento das gaiolas e patios, entre outras”, sinala Sofía Godoy.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.