Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense, en colaboración co grupo Salubrízate (composto por voluntarios e profesionais da medicina) e a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense, EOXI, presentaron hoxe a campaña “Salubrízate contra a gripe”. Trátase dunha iniciativa que percorrerá todos os centros de saúde da cidade, os centros cívicos e cinco asociacións de veciños co obxectivo de informar aos ourensáns sobre hábitos saudables para facer fronte ao próximo brote de gripe.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a promotora de Salubrízate, Mercedes Hernández, presentaron polo miúdo esta campaña. O rexedor destacou a importancia da vacinación entre as persoas máis sensibles á enfermidade, pero tamén de aprender a mellorar como afrontar a enfermidade a través de xestos cotiás”.

“As accións teñen como obxectivo concienciar e formar a sociedade de que hai hábitos do día a día para evitar ese contaxio. Queremos que Ourense sexa recoñecida por este obxectivo, como unha cidade con hábitos saudables”, incidiu o rexedor.

A través deste proxecto os técnicos de Salubrízate ofrecerán charlas informativas nos centros de saúde. Tamén en cinco asociacións: As Termas, Covadonga, Rabo de Galo, Seixalbo e Peliquín; nos Centros Cívicos de Colón, A Ponte e A Cuña; na Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e no Albergue de Transeúntes, entre outros.

O obxectivo é chegar ao maior número de persoas interesadas “cubrindo toda a cidade”, sinalou o rexedor Jesús Vázquez. Nas charlas, ademais de información sobre a gripe ofreceranse consellos sobre como previla, como aliviar os seus síntomas ou recomendacións sobre cando se debe acudir ao médico, entre outros aspectos.

“Salubrízate pretende ser unha intervención para mellorar a saúde da cidadanía, para que teña máis información sobre a gripe e poida facer fronte mellor á gripe, xa que hoxe en día é unha enfermidade que está moi banalizada”, destacou a promotora de Salubrízate, Mercedes Hernández.

A responsable deste proxecto coincidiu co rexedor na necesidade de concienciar aos cidadáns sobre xestos que axudan a que esta enfermidade non se espalle de forma tan masiva, como o lavado das mans, o coidado á hora de cubrirse ao esbirrar ou empregar panos de usar e tirar.

Este proxecto é un novo capítulo da colaboración entre o Concello e o proxecto “Salubrízate”, que no pasado mes de abril supuxo a posta en marcha dunha proposta, impulsada dende os centros de saúde Nóvoa Santos e de O Couto, para mellorar o benestar emocional e cardiovascular dos veciños da cidade.

Naquel momento ofrecéuselle información á veciñanza sobre cuestións como a alimentación, o exercicio físico ou sobre como reaccionar ante a perda de consciencia e realizáronse actividades e andainas por diferentes zonas da cidade.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.