Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia acordou limitar as xuntanzas públicas e privadas a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. Esta decisión do Comité clínico ven motivada tras analizar a situación epidemiolóxica ourensá e constatar que as xuntanzas familiares e sociais están sendo a orixe da meirande parte dos contaxios na cidade. Así mesmo, continúan as restricións especiais impostas nalgunhas zonas da cidade. As medidas entraron en vigor hoxe, 1 de outubro, ás 0.00 horas e volverán revisarse en sete días. 

Ademais, para garantir o cumprimento da normativa anticovid en Ourense, vaise reforzar a vixilancia mediante patrullas da Policía Autonómica.

DOCUMENTACIÓN

Na cidade de Ourense tamén están vixentes outras restricións, como, entre outras:

  • Limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-,
  • Limitación dos aforos en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado, entre outros.
  • Limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas para estas cidades (5 no caso de Ourense)
  • Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Restricións especiais no barrio do Couto

Tamén por acordo da Consellería de Sanidade, o barrio do Couto ten desde o día 24 de setembro, restricións especiais, que se estender en todo o ámbito territorial delimitado polas rúas do Progreso (desde a Ponte Romana ata o cruzamento coa rúa Praza de Abastos), a rúa Irmáns Xesta, a avenida de Portugal (ata cruzamento coa rúa Irmáns Xesta), o camiño Lobisome, rúa do Salto do Can, rúa Carballo, rúa Sobreira, nacional 525 (dende o cruce coa rúa Sobreira ata o cruzamento coa avenida Ribeira Sacra), avenida Ribeira Sacra ata a Ponte Romana, incluídas estas rúas nos tramos sinalados. Entre elas:

  • Prohibición de que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas.
  • Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

 

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.