Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello executará as obras de reforma e adaptación da canceira municipal. En xunta de goberno local desta mañá adxudicouse a contratación destas obras que, cun custe de de 179.500 euros -IVE incluído- e un prazo de execución de cinco meses, servirán para realizar unha reforma integral das instalacións, que crecerán no seu lado sur, e adaptalas á normativa vixente.

Entre as melloras que se van realizar para levar a cabo esta adaptación está a creación dun quirófano para dar servizo ás necesidades das instalacións. Este elemento estará na edificación principal nun espazo que, na actualidade se usa de almacén.

Resolverase tamén o problema da falta de espazo para almacenamento de produtos, utensilios e demais relacionada coa actividade da canceira, construído dos almacéns nas inmediacións da edificación principal, no mesmo lugar onde hoxe en día se acumulan obxectos e utensilios, sen espazo concreto, sen orde e sen ningún tipo de cerre ou cuberta. Tamén se dotará este espazo de electricidade e traballos de fontanería.

Construirase un muro similar aos xa existentes para substituír os valos de peche, para dotalas de maior rixidez e estabilidade. Ao tempo, está previsto o pintado de tódolos muros, actualmente deteriorados polas inclemencias do tempo. Tamén pretende acabarse co aspecto monocolor actual na procura de maior dinamismo.

Nesta reforma procederase ao desmonte da incineradora, a cal xa non se lle dá uso, ao ter este servizo externalizado nunha empresa especializada.

A parte das instalación destinadas a albergar gatos serán cubertos, en parte, para proporcionar aos animais unha zona de esparexemento protexida da choiva, ao tempo que xerará sombras fronte ao sol. Neste espazo colocaranse depósitos que permitan o aproveitamento da auga da choiva.

As instalacións crecerán no seu lado sur, onde se albergarán 13 novos módulos para cans. Si ben estes módulos se usarán en función das necesidades do centro, o seu destino fundamental será aloxar razas potencialmente perigosas, cans con enfermidades infecciosas ou de idades avanzadas.

Neste espazo, e debido a pendente do terreo, construirase un muro de contención de terras con grandes bloques de pedra de granito, para o cal será necesaria a explanación do terreo, debidamente compactada, na que se construirá unha soleira de formigón. Será necesario dotar tamén a esta zona de electricidade, iluminación, fontanería e saneamento.

Aumentarase o número de módulos para albergar cans nos patios interiores, que se destinaran, fundamentalmente ao aloxamento ocasional e nocturno.

Por último, na zona norte, crearase un paso cuberto para acceder aos módulos situados nesa zona para protexer da choiva aos traballadores que realizan as tarefas de mantemento, dan de comer aos animais, etc.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.