Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fai un chamamento á colaboración cidadá no cumprimento das normas ditadas pola Xunta de Galicia á vista da evolución epidemiolóxica e da situación asistencial. O rexedor, que confía en saír canto antes desta situación se todas as persoas asumen a súa responsabilidade individual e social, anima os ourensáns a facer un esforzo común durante as vindeiras tres semanas e, ao tempo, solicita das administracións centrais e autonómica un xesto de solidariedade cos sectores máis afectados.

Da mesma forma que se fixo co sector pesqueiro durante a crise do Prestige, o alcalde de Ourense invita os gobernos español e galego a tomar medidas para cos sectores máis afectados, principalmente comercio e hostalaría. Lembra Pérez Jácome que, entre as medidas de nivel extremo de restricións que buscan reducir ao mínimo a interacción social, o peche total da hostalaría (salvo para pedidos en man ou a domicilio) e dos comercios ás 18.00 horas (agás os de primeira necesidade, caso de supermercados, farmacias...) pode sumir nunha profunda crise as persoas detrás destes negocios.

Preocupación entre os grupos

Os grupos políticos municipais representados no Concello de Ourense solicitaron unha reunión para abordar a nova situación dentro deste panorama de restricións. O alcalde recibirá os voceiros das formacións políticas mañá, mércores 27, a primeira hora da mañá.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.