Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A cidade de Ourense contará cun novo Regulamento do Transporte Colectivo de Viaxeiros, toda vez que a xunta de goberno aprobase o seu borrador, na sesión celebrada esta mañá. “É unha ferramenta de partida”, explicou o concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, pero moi necesaria “dado que esta cidade leva cinco anos co contrato de autobuses caducado e hai que renovar o modelo de transporte na cidade”, dixo. A xunta local deu conta esta mañá de 20 asuntos, algúns deles de especial relevancia, caso da adxudicación do Servizo de mantemento e mellora das zonas verdes públicas do Concello de Ourense ou a adxudicación das obras de reforma da Praza de Abastos número 1.

O obxectivo do Regulamento é regular as condicións xerais de utilización do servizo público de transporte urbano colectivo de viaxeiros do Concello de Ourense. Tamén os dereitos e as obrigas que teñen as persoas usuarias deste transporte, e os da empresa ou ente xestor do servizo e do seu persoal. O Concello incorpora así unha importante ferramenta, da que até o de agora carecía, para un servizo que está definido como esencial pola Lei de bases de réxime local, que o fai obrigatorio para os municipios de máis de 50.000 habitantes.

Ao longo de 54 artigos, debulla diferentes aspectos, poñendo de relevo o carácter público do servizo, que teñen dereito a utilizar todas as persoas que o desexen. Tamén incide na necesidade de promover a accesibilidade universal -a propia ONCE colaborou na redacción deste borrador-.

O ámbito territorial do regulamento é o termo municipal, pero deixa aberta a posibilidade de que se poida ampliar o servizo mediante a extensión das liñas e emprazamento de paradas nos municipios da área de influencia da cidade, previo convenio cos concellos interesados e, en caso de afectar a servizos interurbanos previamente establecidos, a aprobación do correspondente plan de explotación.

O Regulamento consta de 2 títulos. O primeiro ten 6 capítulos: no capítulo 1 aborda todo o relacionado coas definicións e tipos de transporte, a organización e a xestión do servizo; no 2, o título de transporte e as tarifas; no 3, os dereitos e as obrigas das persoas usuarias e as condutas prohibidas; no 4, as condicións xerais de utilización; no 5 as medidas de accesibilidade universal; no 6 as obrigas da operadora prestadora do servizo e o seu persoal. O título 2, pola súa banda, incorpora un réxime sancionador no que determina as infraccións: leves, graves e moi graves, e as correspondentes sancións.

Este borrador deberá pasar pola comisión de pleno, para posibles emendas, ser aprobado polo pleno, e formar parte da redacción inicial da ordenanza de transporte, a que dará pé á licitación dun novo contrato de autobuses.

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.