Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Semana Santa en Ourense volveu deixar as excelentes cifras de turistas de 2016, cun milleiro de persoas atendidas nas Oficina de Turismo municipal no período do 13 ao 16 de abril. “Cos establecementos hoteleiros e hostaleiros colgando o cartel de cheo total, a percepción das rúas e terrazas, así coma dos principais enclaves turísticos desta cidade, a semana santa foi dun éxito total”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

 

O edil salientou que “o 85%" das persoas que respostaron a enquisa feita pola oficina de Turismo confirma que "visita por vez primeira Ourense, o que fala ás claras da boa promoción que se está a realizar desta cidade como destino turístico”, dixo.

Case a mesma porcentaxe, oito de cada dez, é a que representa o turismo nacional, provinte na súa maioría de tres comunidades: Castela León, Madrid e Euskadi. O resto dos visitantes proceden de Galicia, un 15%, sendo A Coruña a provincia que máis visitantes achega, e do resto do mundo (5%), sendo os portugueses, brasileiros, franceses, alemás e británicos os máis representativos.

Días de estadía

Respecto aos días de estadía, seguen a ser maioría os que veñen pasar o día fronte aos que se quedan dúas noites. Porén, medra significativamente o número de persoas que pensan quedarse máis de dous días.

A progresión dos últimos anos fala por si soa da evolución da cidade como destino turístico en Semana Santa: Desde 2011, cando se rexistraron 176 visitas á Oficina de Turismo, ata hoxe, as cifras multiplicáronse por dez.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.