Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Do 27 de abril ao 7 de maio volven os Sabores de Ourense, unha nova edición do Concurso de Pinchos na súa versión máis primaveral: 41 pinchos a concurso, pequenas delicias elaboradas con produtos de tempada e de produción local e integrada. Faite co mapa da ruta, elixe os teus favoritos, proba, saborea e non esquezas votar polo que máis che guste. Tedes 15 días para probalos todos a un prezo redondo, non máis de 2,50 €

Esta é xa a 6ª edición do concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera, organizada conxuntamente pola Concellería de Turismo e Termalismo de Ourense e a Unión de Hosteleros Ourensanos (UHO). Este ano terá lugar do 27 de abril ao 7 de maio.

Como cada ano, o requisito imprescindible para participar é que os pinchos estean elaborados con materias primas frescas e de tempada, buscando potenciar así os produtos locais.

O importe máximo dos pinchos será 2,50 €: prezos populares ao alcance de todos os petos para que todo o mundo poida achegarse a saborear estes petiscos.

Nesta edición participarán 41 establecementos, do cales un o fai por primeira vez: o Italian Job da rúa Santo Domingo. A maioría están concentrados na zonas dos Viños e no Ensanche, aínda que hai uns cantos locais esparexidos pola Ponte, Lagoas e Residencia, e regresan á competición os balnearios termais.

Entre as tendencias desta tempada nos menús, destaca a comida mexicana, con varias propostas que inclúen o chipotle entre os ingredientes. Tamén están moi ben representados dous produtos moi autóctonos, o polbo e os queixos galegos. Tamén é notable a aposta de varios hostaleiros polos peixes afumados.

Os premios oficiais do concurso son os 3 outorgados polo xurado profesional, os 3 concedidos polo público e o Premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá Asociación Galega de Celíacos, ao que optarán todos os pinchos que non empreguen glute na súa elaboración (13 locais).

Cómpre lembrar que o público que deposite o seu voto nas urnas colocadas nos establecementos participantes entrará no sorteo de distintos agasallos cos que se premiará a súa fidelidade.

Lembramos que esta edición de Sabores de Primavera coincide cuns días de moitísima actividade en Ourense. Ademais do concurso de pinchos, celebraranse simultaneamente a comezos de maio a MITEU, a ICC Week, a Shopping Night, a Feira de Artesanía e a festa dos Maios, declarada de interese turístico. Que mellor plan que achegarse unha fin de semana á cidade para poder aproveitar esta magnífica oferta lúdica e cultural?

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.