Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A cidade de Ourense pon en valor o seu potencial gastronómico coa 10ª edición do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Outono, que organizan a Concellería de Turismo e Termalismo de Ourense e a Unión de Hosteleros Ourensanos (UHO). Desde o 31 de outubo ata o día 12 de novembro, 46 establecementos da cidade participarán na actividade, que se enmarca entre dúas datas festivas tan relevantes para a cidade como Samaín e Magostos.

Como cada outono, o requisito imprescindible para participar é que os pinchos estean elaborados con cogomelos e/ou castañas, materias primas frescas e de tempada, buscando potenciar así os produtos locais.

O importe máximo dos pinchos é 2,50 €: prezos populares ao alcance de todos os petos para que todo o mundo poida achegarse a saborear estes petiscos.

Nesta edición participarán 46 establecementos, do cales 12 fano por primeira vez. A maioría están concentrados na zonas dos Viños e no Ensanche, aínda que establécese o barrio da Ponte como alternativa para unha escapada culinaria con 4 locais do outro lado do Miño.

Entre as tendencias desta tempada nos menús destacan a fusión de ingredientes tradicionais con cociñas exóticas como a tailandesa e a mexicana, as crêpes e outras variedades de pinchos recheos (canelóns, filloas), e as tostas de porco, un clásico da nosa gastronomía. As salsas serán a sorpresa este ano.

Os premios oficiais do concurso son os 3 outorgados polo xurado profesional, os 3 concedidos polo público e o Premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá da Asociación Galega de Celíacos, ao que optarán todos os pinchos que non empreguen glute na súa elaboración.

Cómpre lembrar que o público que deposite o seu voto nas urnas colocadas nos establecementos participantes entrará no sorteo de distintos agasallos cos que se premiará a súa fidelidade. Toda a información sobre locais e pinchos pode consultarse na web específica que habilitada dentro da portal da Concellería, no enderezo http://saboresdeourense.turismodeourense.gal/

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.