Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O concurso de pinchos “Sabores de Ourense” suma un novo atractivo nesta edición de outono 2017, cun showcooking e unha mesa redonda na que participarán os prestixiosos restauradores que forman o seu xurado profesional, entre os que se atopa o ourensán, gañador dunha estrela Michelín, Manuel Domínguez, do restaurante Lúa de Madrid.

Con esta iniciativa, a Concellería de Turismo do Concello de Ourense e a Unión de Hostaleiros de Ourense pretenden achegar á cidade a experiencia destes profesionais, para falar acerca dun dos produtos máis representativos de Ourense, como son os cogomelos. "Con esta nova actividade queremos potenciar e difundir os productos de outono locais como elementos diferenciadores no posicionamento da gastronomía como recurso turístico", sinala o concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar.

As actividades desenvolveranse o martes, 14 de novembro, no restaurante El Coto, na rúa Reza, e servirán de preámbulo á xuntanza do xurado profesional que outorgará os premios desta décima edición, que se desenvolveu desde o 31 de outubro ate hoxe, 12 de novembro. As persoas interesadas no showcooking e na mesa redonda poden inscribirse a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 14 DE NOVEMBRO

11:00 SHOWCOOKING “Sabores de Ourense e cogomelos”

Impartido por Jesús Prieto Marquiegui e Jesús Prieto Serrano de Restaurante Serrano de Astorga (especialistas en setas)

 

12:30 MESA REDONDA “Cogomelos por Ourense”, con Javier Outomuro de Restaurante A Taberna de Ourense e Presidente da UHO, e a participación de

- Jesús Prieto Marquiegui e Jesús Prieto Serrano de Restaurante Serrano de Astorga

- Manuel Núñez de Restaurante Arume de Barcelona (participante de Top Chef)

- Manuel Domínguez de Restaurante Lúa de Madrid

- Daniel López de restaurante O Camiño do Inglés de Ferrol, (gañador do V Campionato de España de Tapas para Gourmets)

 

13:00 VIÑO E NETWORKING, co-organizado pola UHO e Concello, no que só participan os 10 restaurantes finalistas do concurso.

 

Pola tarde (16:00 horas), no mesmo lugar, será a Final do Concurso de Pinchos “Sabores de Ourense, edición de outono 2017, coa xuntanza do Xurado profesional, formado por:

- Jesús Prieto Marquiegui de Restaurante Serrano de Astorga

- Jesús Prieto Serrano de Restaurante Serrano de Astorga

- Manuel Núñez de Restaurante Arume de Barcelona

- Manuel Domínguez de Restaurante Lúa de Madrid

- Daniel López de restaurante O Camiño do Inglés

 

A décima edición do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Outono, que organizan a Concellería de Turismo e Termalismo de Ourense e a Unión de Hosteleros Ourensanos (UHO), desenvolveuse desde o 31 de outubro ate o  domingo, 12 de novembro, enmarcahdo entre dúas datas festivas tan relevantes como Samaín e Magostos. Contou coa participación de 46 establecementos da cidade, que elaboraron pincos nos que utilizaban cogomelos e/ou castañas, materias primas frescas e de tempada, buscando potenciar así os produtos locais.

O certame chegara ao seu colofón o veres, 17, coa entrega de premios, nun acto que terá lugar no salón de plenos do Concello.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.