Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O concurso de pinchos “Sabores de Ourense” xa ten gañadores na súa edición de outono 2017. Esta tarde tivo lugar a xuntanza do xurado profesional desta décima edición do certame ourensán, que se desenvolveu desde o día 31 de outubro ata o pasado domingo, 12 de novembro, organizado pola Concellería de Turismo e Termalismo do Concello de Ourrense e a Unión de Hostaleiros de Ourense.

O Xurado profesional estivo formado por:

  • Manuel Domínguez, chef ourensán do Restaurante Lúa de Madrid
  • Jesús Prieto Marquiegui de Restaurante Serrano de Astorga
  • Jesús Prieto Serrano de Restaurante Serrano de Astorga
  • Manuel Núñez de Restaurante Arume de Barcelona
  • Daniel López de restaurante O Camiño do Inglés

Tras avaliar as propostas dos 46 establecementos participantes, decideu outorgar os seguintes premios:

1º Premio: A Cuqueira de Lourdes, polo pincho Cuquiburguer.

2º Premio: Adega das Caldas, polo pincho Camiño de Santiago.

3º Premio: Sanmiguel, polo pincho Outubro 8.0

O certame, enmarcado entre dúas datas festivas tan relevantes como Samaín e Magostos, contou coa participación de 46 establecementos da cidade, que elaboraron pinchos nos que utilizaban cogomelos e/ou castañas, materias primas frescas e de tempada, buscando potenciar así os produtos locais.
O certame chegará ao seu colofón o veres, 17, coa entrega de premios, nun acto que terá lugar no salón de plenos do Concello.

Ao longo da mañá tiveron lugar tamén no restaurante El Coto, dúas novas actividades dentro do certame, a cargo de integrantes do propio xurado profesional:

  • SHOWCOOKING “Sabores de Ourense e cogomelos”, impartido por Jesús Prieto Marquiegui e Jesús Prieto Serrano de Restaurante Serrano de Astorga (especialistas en setas)
  • MESA REDONDA “Cogomelos por Ourense”, con Javier Outomuro de Restaurante A Taberna de Ourense e Presidente da UHO, e a participación de Jesús Prieto Marquiegui e Jesús Prieto Serrano de Restaurante Serrano de Astorga, Manuel Núñez de Restaurante Arume de Barcelona (participante de Top Chef). Manuel Domínguez de Restaurante Lúa de Madrid, e Daniel López de restaurante O Camiño do Inglés de Ferrol, (gañador do V Campeonato de España de Tapas para Gourmets)
  • VIÑO E NETWORKING, co-organizado pola UHO e Concello, no que participaron os 10 restaurantes finalistas do concurso.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.