Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Por primeira vez, Ourense acollerá unha reunión, ao máis alto nivel internacional, das cidades termais europeas. Así, os días 3, 4 e 5 de outubro, Ourense acollerá a asamblea xeral da ETTHA, a European Historic Thermal Towns. Para a súa organización, o Concello e a Deputación constituiron un grupo de traballo dentro do Comité de Cooperación posto en marcha entre ambas institucións e que está presidido polo alcalde, Jesús Vázquez Abad, e polo presidente provincial, Manuel Baltar.

A EHTTA é a rede termal máis importante de Europa, na que están presentes cidades como Baden Baden, Bath, Budapest, Vichy e a propia capital ourensá, unha das fundadoras, ao tempo que forma parte do Itinerario Cultural Europeo das Cidades Históricas Termais.

Na reunión tamén se avaliou a cooperación desenvolvida entre a Administración Local e a Administración Provincial, que está cuantificada nestes dous anos e medio por valor de 1,5 millóns de euros. Neste eido contémplanse os dous plans de investimentos postos en marcha polo Concello, así como os novos accesos ao CHUOU e diversas colaboracións en actividades culturais como son o Festival de Cine, o Pórtico do Paraíso, así como eventos deportivos e lúdicos.

O alcalde, Jesús Vázquez Abad, destacou ao remate da reunión que “a cooperación institucional é clave para o desenvolvemento de accións e iniciativas que redunden na mellora integral de Ourense e do seu posicionamento a nivel internacional no eido do Termalismo. O Concello ten na Deputación un aliado clave na defensa dos intereses da veciñanza de Ourense”.

O Comité de cooperación permanente é un órgano único nas súas características no que atinxe á colaboración interinstitucional, que ten como obxectivo dinamizar e optimizar os proxectos de interese común para a capital e a provincia, "cooperando entre as dúas institucións a prol da veciñanza e dos servizos públicos que poñemos á súa disposición”, remarcou o presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.