Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O espazo termal do Muíño da Veiga, en Eirasvedras - Quintela, conta desde hoxe con novos aseos logo da reforma das instalacións grazas a un convenio subscrito coa Axencia de Turismo de Galicia. O seu horario de apertura será de 09:00 a 20:00 horas, todos os días. Ademais desta nova dotación, os usuarios da zona tamén poden gozar do novo recinto de calistenia no Parque de Santiago (na contorna do Tinteiro), tamén realizado en colaboración con Turismo de Galicia. Ambas actuacións supuxeron un investimento de preto de 75.000 euros.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez sinala que “con estas dúas actuacións dámoslle valor ao noso entorno termal. Melloramos a comodidade dos usuarios do Muíño da Veiga, pero tamén impulsamos un espazo deportivo para que nenos e maiores poidan compartir tempo libre e mellorar a súa saúde persoal”.

“Ao longo do 2019 acometeremos melloras en outros baños públicos para poñer a disposición da nosa cidadanía unhas instalacións novas, modernas e de gran calidade, tal e como merece unha cidade do século XXI”, explica o rexedor.

Jesús Vázquez, destaca que as dúas obras realizadas na contorna do río Miño “supoñen unha importantísima mellora nunha zona que é moi visitada polos veciños, pero que cada vez é punto máis atractivo para as persoas que nos visitan atraídos pola nosa oferta única en termalismo”, dixo.

Para o rexedor esta obra “é un novo exemplo do magnífico diálogo e colaboración entre o Concello e a Xunta, que permite darlle resposta ás necesidades da nosa veciñanza, ao tempo que impulsamos o noso potencial termal e a práctica de hábitos saudables”.

Espazo de 'calistenia' (*)

Pola súa banda, a actuación no Campo de Santiago supuxo unha reforma total do espazo de calistenia. Esta proposta evita a zona inundable e afectada por dominio público, garantindo así a súa permanencia. A zona para os máis pequenos está pensada para poder xogar facendo exercicios e desenvolvendo habilidades e destrezas motoras cun combinado de cordas e pontes de distinto tipo. As súas cores son grises, co fin de evitar un impacto visual negativo neste entorno.

Para o público adolescente creouse unha zona cun elemento de barras colocadas en distintos puntos que permiten a realización de exercicios de calistenia tipo Street Work Out, con paralelas, espaldeiras e barras fixas, tamén en cores discretas. Para os adultos, contémplanse exercicios complementarios aos que realizan nos paseos habituais, con bancos de abdominais, aparatos de marcha, fortalecemento de pernas e brazos, ou bicicleta elíptica.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.