Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Ourense vén de presentar na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) a súa campaña “DeXconecta #Ourensanamente”, unha invitación a descubrir que nosa cidade “non é un destino calquera, senón unha forma de vivir, unha experiencia, unha sensación. Un lugar onde deXconectar de todo aquilo que nos estrese e produce ansiedade”.

Así o explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a posta de largo da nova campaña turística da cidade das Burgas nesta Feira, un acto que contou coa presenza do concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar e da delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; e que foi conducido polo actor Sergio Pazos.

Vázquez Abad foi o encargado de presentar esta iniciativa, coa que o Concello quere dar continuidade á campaña “Un plan perfecto” que nos últimos dous anos confirmou a nosa cidade como “destino de moda”; pero que supón un paso adiante porque “Ourense é moito máis que un rico patrimonio, un termalismo único, unha exquisita gastronomía, un comercio sorprendente, un ocio incansable ou unha vida cultural moi activa”.

“Fomos quen de inventar un novo concepto: a deXconexión”, defendeu o rexedor. Trátase dunha proposta que xorde das oportunidades de gozar da saúde e relaxación que ofrece ser a Capital Termal de Galicia, ao tempo que se pode descubrir unha riqueza cultural e patrimonial única, ou gozar de experiencias culinarias que ofrecen “o mellor da gastronomía galega”.

Neste sentido, o rexedor recordou que a nosa cidade “ten un gran tesouro: un océano de auga quente baixo os nosos pés” e unha riqueza única nas marxes do río Miño “en forma de termas que deixan marabillados a todos os que nos visitan”.

Pero tamén defendeu que “experimentar #ourensanamente a maxia desta cidade é imbuírse na Cultura que rezuma a súa zona histórica”, así como a súa “intensa vida cultural, con certames punteiros en Teatro, Música e Danza que nos converten na Atenas de Galicia”, dixo o alcalde.

Ademais, Vázquez recordou que a cidade das Burgas “é unha parte fundamental da Vía da Prata, unha das rutas xacobeas máis fermosas e que percorren anualmente máis de 9.100 peregrinos”. Neste sentido recordou que Ourense vén de inaugurar o albergue máis moderno da Península “en pleno corazón da cidade, xusto ao lado da piscina termal de As Burgas”.

“Experimentar ourensanamente esta explosión de sensación que nos deXconectan para reconectarnos está cada vez máis cerca”, explicou o rexedor, grazas a que Ourense é a entrada do Alta Velocidade en Galicia e porque “en pouco tempo estaremos a menos de tres horas da capital de España.

Así, defendeu que a ubicación da nosa cidade como porta de entrada a Galicia “debe ser unha oportunidade”. e mostrou a súa confianza en que a Estación Intermodal de Norman Fosear sexa o símbolo da chegada a Ourense de inversións que redunden na creación de riqueza e emprego.

O concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar, destacou que a campaña “DeXconecta Ourense” xurde de escoitar as necesidades das persoas que visitan a nosa cidade, do que buscan e da experiencia que se levan aos seus fogares.

“Nos elixen como un lugar onde vir descansar, tomarse un momento para si mesmos, para desconectar e recargar enerxía” e que escollen Ourense porque “é un lugar onde se vive diferente e mellor, ourensanamente, o que quere dicir sen estréss nin presas”, explicou Jorge Pumar.

O concelleiro invitou as persoas que aínda non coñecen a cidade das Burgas a “que veñan e descubran unha cidade que representa o que o turismo debería ser sempre: tranquilidade, relax, benestar”.

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, dixo que “Ourense reúne todo o que calquera viaxeiro busca, coma o termalismo, Camiño de Santiago e un Comercio de proximidade atractivo de de gran calidade”.

Na súa intervención, Díaz Mouteira reafirmou o compromiso do Executivo galego con Ourense durante 2019. Neste sentido, informou de que neste ano a Xunta destinará máis de 3 millóns de euros para o mantemento, conservación, sinalización e divulgación da Vía da Prata. Tamén confirmou “toda a colaboración do Executivo galego co Concello” para que o sector turístico siga a facerse forte na cidade.

Ademais da presentación da campaña turística do Concello, FITUR acollerá a presentación das principais citas do calendario feiral de Ourense: o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que arrinca o próximo 6 de febreiro; e a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, Termatalia.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello. Acceda á Plataforma de Contratación do Estado, e seleccione a ficha "Documentos" para acceder a información sobre os contratos menores.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.