Esta mañá no salón de plenos do Concello tivo lugar a entrega dos premios do XII Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Outono, que se desenvolveu do 7 ao 17 de novembro na cidade, organizado pola Concellería de Turismo e Termalismo de Ourense e executada pola Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO). A concelleira de Turismo, Flora Moure, a edil de Comercio, María Dibuja e o representante da UHO, José Antonio González, entregaron os galardóns aos locais elixidos nas diferentes categorías.
Premios do xurado profesional
1º Premio: Bodegón Antiga Leitería polo pincho Sugus de Outono
2º Premio: Glabistró polo pincho A castaña e o seu zurrón
3º Premio: A Feiriña, polo pincho Souto das Táboas
Premio do Público, que achegou un total de 1690 papeletas válidas que supoñen un mínimo de 5070 pinchos contabilizados
1º Premio: A Casita do Pulpo polo pincho Donald Bao (182 votos)
2º Premio: Glabistrô polo pincho A castaña e o seu zurrón (130 votos)
3º Premio: Restaurante Gastrobar Sanmiguel polo pincho O capricho de San Martiño (110 votos)
Premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá da Asociación de Celíacos de Galicia.
La Estación de Loman polo seu pincho Ribeira Sacra
Premio da App #SaboresdeOurense
Antea polo seu pincho Outoniño