Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense acode un ano máis á Feira Internacional de Turismo Fitur, que se celebra en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro, cunha aposta polo termalismo aliado coa dinamización da Vía da Prata ao seu paso pola cidade. A proposta denomínase O Camiño entre augas, unha conexión que desde o departamento de Turismo e Termalismo se considera moi adecuada para o ano previo ao Xacobeo 2021.

“Somos conscientes de que o Xacobeo 2021 é o evento turístico máis importante dos próximos anos, e en Ourense estamos preparados para mostrarnos como destino singular, co termalismo como máximo expoñente e co Camiño Mozárabe – Vía da Prata como camiño preferente”, sinala a concelleira de Turismo e Termalismo, Flora Moure. “Todo iso mostrarémolo ao mundo en FITUR a próxima semana”.

A presentación terá lugar na caseta de Turismo de Galicia o vindeiro xoves 23 de xaneiro ás 13:30 horas, no pavillón 9 de IFEMA, nun acto presentado pola actriz ourensá Cayetana Cabezas e que contará coas intervencións do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e da concelleira Flora Moure. Nese evento estrearase, ademais, un novo vídeo turístico da cidade de Ourense. Espérase que ao evento acudan divulgadores, prescritores e profesionais vinculados co sector turístico. 

FITUR, a feira clave do sector, compre 40 anos nesta edición e espera superar as súas cifras de 2019, nas que recibiu a visita de 253.000 persoas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.