Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense analizará coa universidade o potencial dos baños termais para producir no corpo humano beneficios similares aos dun adestramento ou unha actividade deportiva. Trátase dunha iniciativa do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que ten como finalidade “dotar dun reclamo máis ao termalismo desta cidade”.

Estudios científicos puxeron recentemente de manifesto que un baño en augas termais xenera un gasto de enerxía que dá lugar a unha perda de calorías similar ás que se rexistran en actividades como camiñar durante media hora. O Concello pretende contrastar este potencial a través dunha investigación específica que lle encomendará a unha universidade e poñelo ao servizo do aproveitamento dos recursos termais da cidade.

O alcalde sostén que o termalismo de Ourense “necesita un cambio importante para aproveitar o seu potencial. Tal como está é un diamante en bruto e para isto queremos poñer sobre a mesa algo que podería ser un reclamo adicional para unha cidade que é a segunda de toda Europa con maior caudal de augas termais”.

Por este motivo, explica, “queremos encargarlle a unha universidade que realice un estudio desde o seu departamento de Fisioloxía que corrobore o efecto cardiovascular que ten un baño quente no corpo humano, e que segundo recentes estudios, produciría un efecto similar ao dun exercicio aeróbico e unha perda considerable de calorías, equivalente a un paseo. Se as nosas sospeitas son correctas, sería un filón de ouro e un reclamo adicional, xa que aos aos beneficios que un baño termal produce na pel, nos músculos ou nos ósos, engadiriamos un beneficio deportivo, un adestramento pasivo”

Reapertura das áreas termais

O alcalde avanzou que o Concello ultima estes días o protocolo para solicitarlle á Xunta de Galicia a autorización para reabrir as áreas termais gratuíras das Burgas e a marxe dereita do río Miño: A Chavasqueira, O Muiño e Outariz. Unha reapertura, explica, “que hoxendía non se pode facer porque cambiou a normativa e non se poden abrir as termas da mesma forma que funcionaban na etapa pre-COVID”. O Servizo de Termalismo ultima a elaboración do protocolo para “adaptarnos ao que agora mesmo marca a lei”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.